vigo.gif - 5.74 Kb

Manifesto contra a Lei de Familia

Para EU a crise capitalista ten unha faciana de crueldade evidente nas miles de mulleres que estánsendo expulsadas do mercado laboral ou relegadas a traballos con escalas salariais máis baixas ouprecaridade e flexibilidade maior que os homes.

 

A dereita, que sustenta esta situación de discriminación de xénero con políticas laborais e sociaisregresivas, intenta aproveitar esta coxuntura para relegar ás mulleres a ámbitos domésticos e decrianza argumentando que teñen un papel determinante na configuración das familias, entendendofamilia como ese modelo de dominación e prolongación do capitalismo que leva siglos subordinandoás mulleres á dominación masculina.

E o máxime exponente deste modelo que a dereita pretente exportar en tempos de crise é oanteproxecto actual de LEI DE FAMILIA que a dereita tenta aprobar no parlamento galego, unproxecto de lei que bebe das fontes do pensamento ultracatólico e que en numerosos momentosda nosa historia foron quen de traspasar ao marco legislativo do Estado español: (restauración, franquismo, etc…) Esta lei pretende unidimensionalizar un modelo de familia, o tradicional católico, donde as mulleres son simples unidades de reproducción, sostenedoras da atención a dependente se totalmente alonxadas da independencia económica e polo tanto personal.

A aprobación desta lei, supón tamén a derrogación do capítulo V do Título I da Lei 7/2004 Galega para a Igualdade de Homes e Mulleres, onde se establecen as medidas básicas para desenvolvela:

-ampliación da rede pública de garderías, para familias de escasos recursos económicos;

-á atención nos colexios públicos a menores de doce anos en horarios máis extensos;

-implantación de servizos de comedor nas garderías e nos colexios públicos, e dotaciónde acompañantes no transporte escolar;

-creación de garderías e de escolas infantís dentro ou preto das empresas; – fomento demedidas de apoio a familias con persoas dependentes, con especial atención á terceiraidade;

-medidas fiscais de apoio á familia, a favor de quen non teña obriga de declarar;

medidas específicas de apoio ás familias monoparentais, na área de saúde, atenciónpsicolóxica, formación profesional, educación de fillas e fillos, e acceso á vivenda…

Reivindicamos que se desenvolvan tanto as leis coma os decretos vixentes, que xa recollen medidasconcretas de apoio ás familias, ás mulleres e á conciliación: Lei galega para a Igualdade entre Homese Mulleres, Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero, Lei deServizos Sociais de Galicia, Decreto que regula o recoñecemento da situación de dependencia…

ESQUERDA UNIDA súmase polo tanto a esta convocatoria e loitará pola retirada deste exemplo depolíticas regresivas contra ás mulleres. Os recortes sociais, económicos e os dereitos laborais semprevan acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza eigualdade.

¡Polos dereitos das mulleres! A igualdade non pode esperar. A saída á crise con políticas de esquerdas é posible.

FAMILIAS TODAS SOMOS

Se desexas colaborar activamente na área de muller de

ESQUERDA UNIDA contáctanos en:

Porta do Sol, 11 Bis-Entrechán

Vigo (Pontevedra)

ou por mail a:eu-vigo@esquerdaunida.orgmuller.vigo@pcgalicia.org

Relacionados