Esquerda Unida Compostela organizou unha charla-debate que levaba por título: “Banca Pública: Por que é necesaria?” impartida pola concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o seu homólogo en Madrid, Carlos Sánchez Mato.
Este coloquio daba a coñecer como o sistema bancario actual neoliberalista é un cómplice desta crise-estafa que padecemos, que segue a promover un modelo económico especulativo que vai en contra dos dereitos da cidadanía. É por iso que camiñar cara a construción dunha banca pública, ao servizo dun novo modelo económico sustentable, é unha das prioridades de hoxe en día.
Pódese ver un extracto dende aquí.