Medio millón anual por privatizar

O que quedou patente na resposta do PP e que tal e como levamos denunciando dende comezo do mandato, o goberno local recoñece que o concello perdeu 10,9 millóns dende o ano 2007 diante dunha pregunta escrita do grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes, indicando incluso que “algunas personas que infringen las normas de circulación puedan evitar hacer frente a sus responsabilidades”, nun claro recoñecemento da desigualdade promovida dende o concello entre os coruñeses responsables que pagan as sancións e os que non o fan.  Este recoñecemento amosa a incapacidade, tanto do goberno bipartito como polo PP. Incapacidade que impediu que as arcas municipais recibir máis de dous millóns de euro anuais dende o 2007 até o 2012. Cartos que se poderían ter investidos en reactivación económica, xeración de emprego e servizos sociais.

Esquerda Unida denuncia que a privatización encuberta da xestión do cobro de multas custará ao concello medio millón anual. O goberno municipal está a enganar á cidadanía tratando de enmascarar unha privatización a través dunha encomenda de xestión a EMVSA. A empresa municipal nin ten experiencia, nin persoal, nin medios materiais para xestionar a xestión da recadación, polo que ten que subcontratar e ceder os datos dos coruñeses e coruñesas a unha empresa privada para que xestione a recadación que debería realizarse de xeito público.

EMVSA, para pagar a empresa privada subcontratada, recibirá do concello o 15% da cota líquida recadada, máis como EMVSA, aínda que municipal, é unha empresa está suxeita ao réxime do IVE polo que hai que engadir a facturación un 21% de IVE, polo que o que finalmente deixarán de percibir as arcas municipais será un 18,15%. Como queira que nos orzamentos estímase unha recadación de 3.000.000 de euros, dato que ratifica o goberno municipal na resposta a nosa pregunta, o custe final desta externalización supón 555.000 € ao ano. Cantidade á que hai que engadir o prorrateo dos 700.000 € gastados no programa de xestión.

Semella abraiante observar como o Sr. Negreira entrega os cartos dos coruñeses a empresas privadas, cando tería a posibilidade de asinar un convenio de colaboración cun ente público e aforrar 405.000 € anuais ademais do gasto dos 700.000 € do programa de xestión e o seu mantemento anual. Efectivamente as ordenanzas fiscais da Deputación da Coruña establecen taxas de entre o 12,5% e o 5% do importe, ademais como se trata dun ente público está exento do pagamento do IVE.

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que o executivo de negreira afirma falzamente que non externaliza, pero o certo é que encomenda a EMVSA unha xestión que non pode facer por si sola, polo que a empresa municipal ten que subcontratar a unha empresa privada.

Relacionados