Mobilización partido xudicial

EU lembra que foi o PSOE, con Zapatero como presidente, o que deu saída a unha escalada terrible de recortes en materia xudicial, naquel momento recortando en salarios e recursos de persoal no ministerio de xustiza.

ESQUERDA UNIDA considera que a convocatoria do goberno municipal ten un “carácter localista” que non pode ser parte do discurso dunha forza progresista, e considera que non somentes en Vigo a supresión dos partidos xudiciais é contraria ao interese xeral, senón que a reorganización do mapa xudicial sen debate político e institucional vai ser aplicada en centos de municipios en Galicia

Para EU é necesario garantir a prestación de servizos ineludibles: quenda de oficio, dereito de defensa a inmigrantes, informatización dos xulgados actuais, recursos para as fiscalías, aumento do nº de xuíces e especialización dos mesmos. Todos estos aspectos foron ninguneados polos sucesivos gobernos do PP e do PSOE.

Relacionados