Mobilizacións a prol da Folga Xeral

A mobilización que foi aprobada na Executiva Nacional de Esquerda Unida, encádrase dentro da estratexia de mobilizacións desenvolvida por Izquierda Unida federal a prol da folga xeral, que comezou coa masiva manifestación desenvolvida o pasado 27 de xuño onde miles de persoas encheron a madrileña Praza Maior, baixo o título “Loitemos polo emprego, por unha alternativa social a crise“.

 

Así pois Esquerda Unida está a traballar para que a cidadanía participe masivamente na folga xeral convocada ante a política antisocial que está a desenvolver o Goberno do PSOE preso do gran capital.

 

A suba do IVE, a conxelación das pensións, a rebaixa salarial aos empregados e empregadas públicas (moitos deles non son nin mileuristas), a eliminación dos cheques-bebe, a precarización das axudas de dependencia, a ampliación da idade de xubilación, a eliminación de supostos para a xubilación parcial, o aumento dos anos de cotización e, agora, a reforma laboral que incide na precariedade do conxunto de traballadores e traballadoras, obriga a unha contundente contestación da clase traballadora, mediante unha folga xeral.

 

Fronte os ataques ao estado do mal chamado “estado do benestar” que está a desenvolver o Goberno do PSOE, Esquerda Unida propón entre outras medias:

 

– Eliminación dos paraísos fiscais

– Creación unha banca pública

– Fiscalidade progresiva

– Recuperación do Imposto de Patrimonio

– Reparto do tempo de traballo

 

Relacionados