Moción accesos ferroviarios porto exterior

 

 

Ámbolos dous Grupos manifestan  a súa máis decidida vontade de salvagardar   a ensenada da malata dunha nova agresión medio ambiental, que se perpetraría mediante a proposta de tender un viaducto sobre a rada ferrolá.

 

EU e BNG afirman o seu compromiso para garantir que na decisión que finalmente se adopte pesen de maneira decisiva as  consideracións medio ambientais á hora de decidir o traxecto ferroviario ao porto exterior, e non as de carácter economicista.

 

As dúas organizacións comparten o valor e necesidade de garantir uns accesos  ferroviarios   ao porto exterior,  que faga deste espazo un polo económico e de diversificación industrial para a nosa cidade e bisbarra.  Mais entenden que nesta ocasión  se poden conxugar a as consideracións ambientais e económicas, preservando en primeiro lugar a riqueza e o ben público que supón a nosa ría. Os mariscadores son un colectivo que ten no traballo no mar un ben a preservar e que se verá gravemente comprometido coa proposta sur.

 

EU e BNG subliñan o valor de traballar de maneira colectiva e xunto aos movementos sociais e entidades veciñais para acadar unha proposta alternativa que garanta a preservación da Malata e o interese xeral.

 

As razóns  nas que se basea a proposta pola que se decanta o Ministerio de Fomento, a alternativa sur,  son de orde económico ( aforrar cartos ) e en atención a que o trazado ten uns 5 kilómetros menos.  EU e BNG temos que replicarlle ao Ministerio que ese aforro menor se faría sobre os custos ambientais e económicos da nosa cidade.

 

As nosas dúas organizacións esixen do Goberno Municipal que defenda os intereses da nosa cidadanía e non sexa obediente aos intereses do Ministerio. EU e BNG demandan ao Goberno Municipal que atenda, xa que logo, o contido da nosa proposta.

 

EU  e BNG van traballar nesta datas para completar as alegacións ao estudo informativo en período de exposición público.

Relacionados