Moción adxudicación rúa a Marcelino Camacho

 

 

Xa que logo, o Consello Comarcal de EU Coruña rexistra unha moción no concello coruñés cando se cumpre un mes da morte do líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro.

 

A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras. Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter. En 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987. Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudiantís do curso 86/87. En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista.

 

Por iso, Esquerda Unida presenta unha moción no concello da Coruña para que o pleno aprobe a adxudicación dunha rúa ou praza a Marcelino Camacho.

 

Asemade, EU tamén propón na súa moción que se de traslado do acordo plenario ao sindicato CCOO e aos familiares do dirixente obreiro para que teñan coñecemento do tributo que lle brinda a cidade da Coruña.

 

Relacionados