Moción contra as medidas anticrise

 

Todas estas medidas provocarán unha disminución dos ingresos da facenda pública e o aumento do déficit do Estado. Ademais, as privatizacións das compañías rendibles como AENA e Loterías, é un regalo ás empresas que supón o debilitamento do sector público.

A eliminación da axuda por parte do goberno os parados que agotan a protección por desemprego é unha terrible noticia con graves consecuencias, un ataque aos dereitos sociais que se suma a unha longa lista que está cometendo este goberno. De feito, eliminar a axuda de 426 euros ás persoas paradas sen prestación nin subsidio, provocará que moitas familias pasen da situación límite na que viven a outra bastante peor.

En Galicia, a retirada desta axuda afectará e condenará a exclusión social a unhas 10.000 persoas que actualmente cobran esa prestación, que de aquí a febreiro esta cifra aumentará, porque se lle sumarán todos aqueles traballador@s que perderán o seu traballo ou deixaran de percibir a axuda. A isto hai que sumarlle a insistencia do Goberno de continuar con políticas fiscais regresivas que só benefician aos que máis teñen.

O goberno do Estado, incumpriu ademais as condicións coas que aprobou esta axuda. Segundo votou o Congreso, estes 426 euros non podían eliminarse mentres o paro non baixase do 17%, e actualmente situase enriba do 20%.

A mais, o Goberno ben de facer público a súa vontade de reformar o sistema de pensións mediante a ampliación da idade de xubilación, plantexando tamén a modificación no sistema de calculo da pensión aumentando os anos; descargando así sobre os traballador@ o peso da crises económica.

Novamente encontramonos cun goberno que non fixo máis que plegarse ante as presións dos empresarios e darlle as espaldas aos traballador@s.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O pleno do Concello de Cambre manifesta o seu desacordo coas novas medidas anti-crises do goberno do Estado.

SEGUNDO.- Instar ao Goberno a inmediata suspensión destas medidas, mantendo a axuda mensual de 426 euros os parados que agotaran o subsidio de desemprego.

TERCEIRO.- Solicitar ao Goberno que articule un plan alternativo de ocupación para os parad@s que non teñan prestación nin subsidio.

CUARTO.- O concello de Cambre expresa a súa oposición ante calqueira modificación dos sistemas de cálculo das pensións, que reduzcan as expectativas e os dereitos dos traballador@s en activo.

QUINTO.- Dar traslado destes acordos a:

-Presidente do Goberno

-A todos os Grupos parlamentarios do Congreso dos Diputados.

Relacionados