burgo.jpg - 52.81 Kb

Moción contrucción beirarrúa na avda. Burgo das Nacións

 

Seguridade e benestar que, por exemplo, se pode lograr levando a cabo as medidas necesarias para que os veciños e veciñas poidan transitar pola cidade en adecuadas beirarrúas que, por suposto, non supoñan un atranco no desprazamento das persoas con diversidade funcional ou con mobilidade reducida.

 

Pero EU Compostela constata que esta labor non se está a realizar na avda. do Burgo das Nacións, posto que nun dos seus laterais non hai beirarrúa pola que transitar, tendo que facerse o camiño por unha zona de herba, terra e pedras, a pesares de que neste lugar se atopan o Auditorio de Galicia, diversas facultades, residencia de estudantes, colexio e outros edificios que fan que diariamente o paso de persoas sexa elevado.

 

Ademais desta grave deficiencia, Esquerda Unida quere recordar que o pasado 12 de novembro presentou outra moción na que se esixía a adecuación das beirarrúas nos pasos de peóns para as persoas con mobilidade reducida, recordatorio que facemos porque resulta que neste mesmo tramo de avda. compróbase que hai un paso de peóns, é dicir, un lugar expresamente fixado para cruzar dunha beira a outra desta avenida, no que un dos seus extremos é un pedregal e no outro hai unha beirarrúa con bordo elevado.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDO

 

Primeiro. Levar a cabo as actuacións necesarias para corrixir as deficiencias existentes na  avda. do Burgo das Nacións

 

Relacionados