Moción defensa dos animais

 

 

Este tipo de prácticas están cada vez máis cuestionadas polo seu sadismo incluso nos lugares nos que son habituais e teñen arraigo entre unha gran parte da poboación.  Pola contra, os que defenden a práctica de facer unha festa do maltrato dun animal, escúdanse en que é unha tradición e polo tanto debe ser respetada. Este é un débil argumento, tendo en conta que por pura lóxica nunca pode prevalecer a tradición sobre a ética. Aínda máis, o que podía ser aceptado pola sociedade noutros tempos non ten por que selo agora (como non o é o machismo, por exemplo), polo que este argumento da tradición non ten validez en ningún caso e menos aínda en Galicia, xa que a mal chamada “Fiesta Nacional”, non ten prácticamente arraigo entre a poboación galega. Aínda así, nalgúns casos sí que se celebran espectáculos taurinos, tal é o caso da praza de touros de Pontevedra ou o relativamente recente intento de facer unha novillada en As Neves. Corremos o perigo de que, si non se lles pon freo, este tipo de prácticas poda chegar a ser habitual en Galicia.

 

”Todos os animais, sexan da especie que sexan, teñen dereito a ser respectados, non han de ser vítimas de malos tratos, esforzos desmesurados ou espectáculos violentos, nin han de ser suxeitos de actos crueis que lles impliquen sufrimento físico ou psicolóxico, ou causarlles ansiedade ou medo.”

 

O único fin deste tipo de prácticas, aparte do beneficio económico de algúns é o goce co sometemento, humillación e sufrimento dun animal, disfrute este, dito sexa de paso, digno dun estudo psiquiátrico.

 

Esquerda Unida fai un chamado ós galegos a que mostren a súa repulsa á celebración de touradas e de todo tipo de festa ou espectáculo donde se maltrate os animais, sexan domésticos ou salvaxes. Canto antes desaparezan este tipo de “tradicións”, mellor, e quedarán por fin no seu lugar xunto co Circo Romano e os Autos de Fe da Inquisición.

Relacionados