Moción emprego doméstico

 

 

En Espanha a maioría das persoas que traballan no sector doméstico son: Ecuador – Romanía – Colombia – Bolivia – Marruecos e Perú. Achéganse a Espanha ca intención de encontrar un traballo mais digno que nos seus países de orixe.

 

O actual sistema de regulación (REEH) fomenta o emprego precario, caciquil, (Santos inocentes) isto é polo abuso dos presuntos empresarios, porque as mulleres e homes, encóntranse en posicións de desventaxa.

 

Dende Esquerda Unida queremos que as mulleres e homes, traballadores do servizo doméstico te fagas visible, queremos que te fagas notar.

 

DENDE ESQUERDA UNIDA PROPOMOS:

 

Equiparación inmediata do Réxime Especial do emprego do fogar ao Rexíme Xeral.

 

Que os dereitos laborais cheguen a tódalas mulleres traballadoras ao marxe da súa condición migratoria, e valoración do traballo domestico.

 

Igualdade das condicións laborais e de protección social ao resto de sectores.

 

Fin da vulnerabilidade derivada do cruce do REEH e a normativa de estranxeiría.

 

Que o Concello de traslado a Xunta de Galicia, así como ao Presidente do Goberno estas propostas.

 

POLOS DEREITOS DAS TRABALLADORAS SEN PAPEIS

DEREITOS DAS MULLERES E HOMES NO EMPREGO  DOMÉSTICO

Relacionados