reciboluz.gif - 16.29 Kb

Mocións recibo da luz e 426 euros

 

Por suposto a moción fói acompañada previamente dun traballo politico de denuncia e explicación  tanto nos medios informativos como sobre todo na rúa. Como era de esperar, o Grupo Municipal do P”SO”E  votóu en contra da moción co único argumento de que tiñan a obriga de apoiar ao seu Goberno e a Zapatero. En realidade o que querían decir é que aceptan apoiar sumisamente todo o que faga ese Goberno, por moi antiobreiro e antisocial que sexa,  para seguir garantíndose postos no “pesebre”, no aparato electoral e nos cargos públicos, a ser posible ben  remunerados, claro. E o PP  moi tranquilo e satisfeito de que o partido “socialista”  leve a cabo as medidas que o Capital e a Patronal demandan pero que a dereita franquista tería máis  difícil aplicar dende o Goberno.  Eso sí,  se enfadaron moito co noso portavoz Juan Fajardo por decir que as eléctricas son uns ladróns e uns explotadores. Normal tamén,  lóxicamente teñen que defender aos seus, a  elementos como Pizarro, indemnizado con varios miles de millóns de pesetas cando deixóu a dirección de ENDESA  e se incoroporóu a cuadrilla de facinerosos  que é a dirección do PP.

Felipe González e Aznar non foron procesados e condenados polas súas actuacións cando ocuparon a  presidencia  do Goberno, por exemplo por privatizar por dous duros as empresas eléctricas que eran de propiedade  pública e que en máns privadas aínda reciben moitos cartos de todos; por enrriba estes dous profesionáis do engano cobran unha pensión vitalicia directa do estado de 80.000 euros anuáis -eles, que actúan para que os traballadores perdan os seus dereitos e acepten sacrificios sin fin- e cobran a maiores miles e miles de euros noutras prebendas ligadas aos grandes servicios que fixeron e aínda fán para os grandes ricos. Agora ámbolos dous son asesores en nómina das eléctricas e cobran unha boa “pasta”  por elo. Para a xente honrada e traballadora, máis factura, sexa cal sexa o seu salario, teña ou non teña salario

Relacionados