Movemento veciñal

Esquerda Unida demanda ao goberno municipal que non fomente a división do movemento veciñal, como acontece no barrio da Gaiteira – Fátima, onde o PP está a promover dúas asociacións de veciños e veciñas cando xa existe a histórica e activa AVV. Oza-Gaiteira-Os Castros.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a promoción do executivo negreira de novas asociacións veciñais nos barrios onde xa existen outras responde a intereses partidistas dos populares e demostra a súa intención de tecer redes clientelares, xa que logo preguntará ao goberno municipal no seguinte pleno:

Cales son as razóns para impulsar novas AAVV nun barrio onde a que xa existe non ve atendidas as súas demandas?


Ten pensando o goberno municipal reunirse coa AAVV. Oza-Gaiteira-Os Castros para escoitar e atender as súas demandas? Cando?

O Voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou que son moitas as asociacións veciñais que están a denunciar o fomento por parte do goberno municipal de novas asociacións veciñais cando este nin tan sequera atende as necesidades das existentes.

Relacionados