Navantia

Javier Galán considera que a indefinición nun plan a longo prazo para os estaleiros pon en evidencia a intención do Partido Popularde dilapidar o sector naval público.

Ferrol, 20 de xuño de 2014.- A subcontratación  a favor de Regenasa, industria viguesa, de carga de traballo importante para a construción do flotel pon en evidencia dúas cousas:

1.- Desprézase a industria auxiliar tradicional da comarca e amósase sen tapuxos un novo modelo de explotación laboral pola vía dos salarios e a precariedade

2.- O Partido Popular consinte que a nosa comarca siga a languidecer, e que os máis de 4000 postos de traballo perdidos non teñan máis posibilidade que pelexar por un emprego precario no sector servizos, nese turismo industrial que converte as gradas baleiras en parques temáticos.

Esquerda Unida demanda dunha vez unha política a longo prazo para o sector naval público, que sexa considerado como estratéxico e que se poña fin a desindustrialización da nosa comarca, cunha perda irreversible de miles de postos de traballo no sector produtivo, motor da economía.

 

Esquerda Unida participará e apoirará todas as mobilizacións que sexan convocadas polas organizacións sindicais, en demanda dun traballo digno e sen esquecer as reivindicacións do dique flotante, do levantamento efectivo e real do veto e da diversificación industrial da comarca que permita a supervivencia do sector naval público, xerador de emprego de calidade e non de produtos artificiais sen futuro que eufemisticamente ven en denominarse industria blanca.

Relacionados