Nomes do rueiro do Arsenal

 

 

A instancias do noso Grupo Municipal, aprobou o Pleno do concello de Ferrol  varias mocións que atinxen a esta cuestión. A última delas recollía a esixencia do cambio dos nomes das rúas do Arsenal. Neste senso, a nosa organización pregunta ao Goberno Municipal que xestións desenvolveu para darlle cumprimento ao acordo plenario. Tamén instamos ao ministerio de defensa a ser escrupuloso coa lei e non prestar unha resistencia xorda o seu cumprimento; máxime cando a lei aprobada apenas é unha lei de mínimos, que queda moi por debaixo das expectativas e reclamacións de EU e das organizacións vencelladas coa recuperación da memoria histórica.

 

O Grupo Municipal insta tamén á delegación de facenda en Galicia á retirada do escudo anticonstitucional que aínda se atopa no edificio de aduanas. Dende EU instamos a que o Goberno Municipal sexa belixerante  coas administracións que se resistan pola vía dos feitos a facer cumprir a lei.

 

Nas vésperas do septuaxésimo aniversario da proclamación da II República, Esquerda Unida esixe das administracións públicas en todos os seus níveis o respecto e cumprimento das leis que aínda de xeito insuficiente tentan recuperar a normalidade democrática.

 

Cada paso que demos na recuperación do noso mellor pasado – o da resistencia e o das primaveras republicanas – e na abolición dos vestixios dun tempo de ignominia, o da ditadura, imos recuperando a necesaria dignidade dunha sociedade democrática sen hipotecas.

Relacionados