Non ós orzamentos 2010

 

Para Esquerda Unida os que teñen a responsabilidade do Goberno  tenhen que dar exemplo e aplicar o programa electoral para a mellora do benestar da súa cidadanía.

 

Para Esquerda Unida resulta esperpéntico que en tempos de crise un Goberno Municipal, que se di de esquerdas, rexeite e non tenha en conta as propostas dos demais grupos políticos e vecinhanza. Presumen de socialistas pero as súas nóminas case se duplicaron, ¿Por qué non cobran igual que nos seus anteriores postos de traballo?.

 

¿Cándo se pagarán as facturas que están pendentes?

 

¿Cal é a cuantia do crédito para que o Concello realice a súa tarefa?

 

¿Ónde está reflexada a contención do gasto?

 

¿Ónde están os cartos cobrados polas licenzas  en tempos das vacas gordas?

 

¿Por qué o  Goberno fai caso omiso ao informe de Intervención?.

 

A cidadanía será unha vez mais prexudicada polo aumento dos impostos: urbana, lixo, saneamento, turismos etc..

 

DENDE  ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

 

Que o presuposto este disponhible para calquera cidadán.

 

Que o actual orzamento sexa retirado para corrixilo e que se tenha en conta a vindeira situación económica que será mais grave que a actual.

Relacionados