Noroeste Pock-Rock

 

Queremos denunciar tamén a inconsistencia que amosou o Concello neste asunto. O propio Alcalde dixo o ano pasado no seu blog que ía dar un impulso ó festival, para despois anunciar a súa cancelación e posteriormente o seu reflotamento.

 

Dende EU e a Xuventude Comunista esiximos ó Concello que nos aclare por qué cando se pensa en recortar fondos a primeira opción é o “Noroeste PopRock”

e non outros eventos que si xeran unha grande crítica social e que supoñen a tortura ou morte de animais indefensos como son as touradas que cada ano se celebran na Coruña e que encima xeran grandes perdas o Concello.

 

Entendemos que este recorte é sumamente perxudicial para a oferta cultural e de ocio adicado a mocidade dende o Concello. Oferta de ocio que xa se viu seriamente afectada polas medidas represivas e de carácter recaudatorio da “Ordenanza Local para Regular la Convivencia y el Ocio en el Espacio Público de la Ciudad de La Coruña”.

 

Dende EU e a Xuventude Comunista creemos que o festival debe manterse con grupos e artistas que interesen a mocidade e coa implementación de medidas que fomenten a creatividade musical dos artistas coruñeses (como por exemplo un concurso de maquetas).

 

A crise non debe servir como escusa para o recorte da oferta cultural da cidade. Os recortes deberían ser en gastos superfluos do Concello ou en eventos que provocan un rexeitamento por parte da cidadanía en non nun festival que goza dun total apoio por parte da mocidade e cunha grande asistencia de público.

Relacionados