Nova Lei do Solo de Galicia

 

 

  Esquerda Unida – Os Verdes solicita a participación na comisión de elaboración da lei de solo, reivindicamos a comparecencia nesta comisión de elaboración da nova Lei de Solo, xa que considera que se trata dunha normativa na que o consenso debe de ser amplo posto que condiciona o noso medio e o noso hábitat porque a normativa a elaborar ha de ser a que califique os usos do solo así como a propia ordenación do territorio galego e de elo depende a ordenación urbanística  e a mellora do desenrolo equilibrado e sostible do noso territorio.

 A executiva nacional de Esquerda Unida considera que a elaboración desta nova lei é unha labor que require do máximo consenso social porque é tema de vital importancia que afecta a Galicia e a toda súa cidadanía, e como tal debe de estar supeditada ao máximo consenso posible, non só das organizacións con representación parlamentaria senón tamén daquelas que representan á unha parte importante da cidadanía.

 

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, sinalou que “a lei do solo é unha normativa de interese xeral  que nos concirne a toda a cidadanía galega xa que articula o noso territorio”.

 

Por todo isto, solicitamos a participación na comisión de elaboración da nova Lei de Solo de Galicia, coa fin de aportar e elaborar unha normativa en equilibrio coas necesidades tanto medioambientais coma habitacionais do noso país. Xa que logo Esquerda Unida, nos vindeiros días presentará ante a Mesa do Parlamento Galego esta petición de suma á comisión de elaboración da devandita Lei de Solo.

 

Relacionados