Novo hospital e IBI

 

 

Para EU a exención que marca o artigo 5.1.i da ORDENANZA MUNICIPAL quedaría sen efecto ao tratarse dun centro cunha titularidade do SERGAS discutible.

 

 

ESQUERDA UNIDA sigue considerando prioritario que o proxecto do novo hospital de Vigo sexa 100×100 público evitando a entrada na xestión hospitalaria do capital privado, agora ben, existe un risco máis que probable pola maioría parlamentaria do PP de que esta situación non sexa a definitiva polo que considera imprescindible artellar as medidas que impidan o “libre negocio especulativo” que moitos pretenden facer coa sanidade pública. Hai que ter en conta que no contrato de concesión do Novo Hospital de Vigo inclúense servizos sanitarios.

 

Tamén subliña Esquerda Unida que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que esta vaise a realizar mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada. Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

 

Igualmente considera que no convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto setimo especificase que o concello executará as infraestructuras, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os costes o deberían ser satisfeiton pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestructuras a inversores privados.

 

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:


1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”


Quedando como segue:


i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.



Todas estas medidas, para ESQUERDA UNIDA, deberían ser eventuais mentras non se produce un cambio político que permita revertir ao público o novo complexo hospitalario.

Relacionados