O alcalde está a agachar a cabeza no conflicto laboral do servizo municipal del limpeza

 

Para evitar este tipo de situacións, o Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, propuxo que o concello incluía unha cláusula nos pregos de condicións para a contratación de empresas concesionarias de servizos municipais para que o concello, como responsábel final do servizo teña a potestade para intervir nos conflictos laborais e nas mesas de negociación. A devandita cláusula debe obrigar a igualar os dereitos e condicións laborais dos traballadores dos distintos servizos a cidadanía que oferta o concello en canto a dereitos e condicións laborais, asemade de asegurar que o concello poida garantir o seu cumprimento.

 

Mentres, o Alcalde da Coruña pretende facer crer a cidadanía que o problema é unicamente o despedimento do Presidente do Comité de Empresa, cando os traballadores están a denunciar distintos incumprimentos do convenio colectivo, como a contratación de menos persoal do estipulado, algo que segundo os traballadores está a supoñer peor calidade no servizo de recollida de lixo, e dicir que os coruñeses estamos a pagar máis por menos.  

 

O Consello Comarcal de EU Coruña considera que Javier Losada está a agachar a cabeza no conflicto laboral do servizo de recollida de lixo, eludindo responsabilidades propias dun alcalde, enganando a cidadanía e comprometéndose a algo que non pode cumprir como garantir que a folga de limpeza non suporá incomodidades para a cidadanía.

 

Equerda Unida subliña que o concello está mandatado constitucionalmente para desenvolver o servizo de recollida de lixo e xa que logo, non sirve de escusa argumentar que é un conflicto entre empresa e traballadores, pois as consecuencias as paga toda a cidadanía, que non ten culpa da incapacidade do Goberno local para xestionar con persoal propio o devandito servizo e por tanto teña que recorrer a externalización co conseguinte incremento de custes.

 

Finalmente, César Santiso, afirmou que “resulta bochornoso observar o trato que dispensa o alcalde aos coruñeses e coruñesas, semella que pensa que somos parvos, pois por un lado asegura que o concello tomará todas as medidas para evitar incomodidades a veciñanza, máis de seguido negase a facer caso a Esquerda Unida e intervir no conflicto”. Entón que va a facer, poñerá a toda a súa corporación a recoller o lixo?” preguntouse ironicamente o Coordinador Comarcal de EU.

Relacionados