O camarada e loitador antifranquista Xesús Redondo Abuín presenta o libro “Alentos e desalentos dun de tantos”, en Compostela

Esta tarde en Compostela presentouse o libro de memorias “Alentos e desalentos dun de tantos”, do camarada e preso político na ditadura franquista, Xesús Redondo Abuín, un acto que tivo lugar na Fundación Torrente Ballester.

“Xesús Redondo Abuín tomou parte e defendeu os dereitos humanos nun momento como a ditadura franquista, sementando grandes ideais humanistas que nos chegan ata hoxe”, dixo Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, que recolleceu “estar agradecida de estar aquí e de ter a oportunidade de presentar a Xesús e tamén a Marta, entre outras persoas, exemplos de homes e mulleres valentes na loita antifranquista”.

Pola súa banda, Xesús Abuín lembrou a figura de Camacho, “así como daqueles que pularon pola loita obreira na transición nun libro no que non falta relato e crítica á explotación”, dixo.

Podedes ver un extracto da presentación dende aquí

Relacionados