O CPN aposta pola Unidade Popular

Esta maña reuniuse o Consello Político Nacional de Esquerda Unida en Compostela co obxectivo de analizar o resultado das eleccións municipais e rematar de trazar, dende á esquerda e coa cidadanía, a nova folla de ruta para o cambio político no país.

A reunión do Consello Político Nacional de Esquerda Unida que tivo lugar hoxe en Compostela deixou claro que a construción da chamada Marea Galega, dende abaixo, dende a esquerda, coa cidadanía como motor de cambio e clave para trazar unha nova folla de ruta para lograr o cambio político no país.

Neste senso, a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, incidiu que “as mareas irromperon como un auténtico tsunami e esmagaron ao partido popular”.

Para a coordinadora nacional, un segundo titular desta xornada é que “a tese que construímos, baseada en que a única saída era a confluencia das distintas esquerdas, cun protagonismo central da cidadanía, foi un auténtico acerto, sobre todo porque o golpe que recibe o bipartidismo foi moi duro”.

“E, por tanto, o camiño que nos indica é que temos que tender a man ao que xa adiantáramos: a construción da chamada Marea Galega, dende abaixo, dende a esquerda, coa cidadanía como motor de cambio e, sobre todo, para entender a altura do momento histórico que estamos a vivir. A igualdade non suma, multiplica”, sinalou.

Yolanda Díaz incidiu en que “é a primeira vez nun largo ciclo que Alberto Núñez Feijóo ten medo e sabe que isto vai en serio. O tsunami vai contra Alberto Núñez Feijóo e vai contra a Moncloa. Imos a por todas e queremos gañar”.

“Continuemos polo vieiro da Unidade Popular e ningunha entidade ou organización política soa pode protagonizar este cambio. Todas e todos somos necesarios e imprescindibles para incidir nunha realidade social moi complexa que, non esquezamos que, o que acontece, é que están a gobernar os que non se presentan ás eleccións e, por tanto, agora, o que nos toca e combater contra un David contra Goliat, unha loita que vai ser dura”, explicou.

Ferrol en Común, Marea Atlántica, Compostela Aberta ou Ourense en Común son exemplos de que a unidade popular é que demanda o pobo. E somos capaces de acabar co bipartidismo e ser una verdadeira Esquerda transformadora.

Unha esquerda que vai gobernar para as persoas. Acabouse o tempo do goberno duns poucos. E ímolo a facer coa xente, que é a protagonista do cambio político do país. Nesa liña traballamos dende Esquerda Unida. E así  continuaremos a traballar: pola unidade popular.

O Consello Político Nacional vén de aprobar a modo de resolución, un chamamento á unidade popular e a rebelión democrática.

Relacionados