O filme “Vigo 1972. A hora da verdade”, dirixido por Roi Cagiao, preestréase esta tarde na cidade olívica

Esta tarde, ás 20 horas, terá lugar en Vigo a preestrea do documental sobre a histórica folga xeral na cidade olívica, que tivo lugar en setembro do 1972, e que supuxo un fito na loita do pobo galego —xunto co 10 de marzo ferrolá— a prol das libertades democráticas e os dereitos sociais en pleno tramo final da ditadura franquista. O acto contará coa presenza do director, Roi Cagiao, o produtor, Emilio J. Fernández, así como o resto do equipo e persoas entrevistadas, entre outras. Ademáis, ao acto acudirá a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla.

O filme, que estará dispoñible o vindeiro 6 de outubro nos cinemas, ten un formato de longametraxe documental e está centrado na histórica folga xeral, que durou máis de dúas semanas  e convocou a miles de traballadoras e traballadores ás rúas. As consecuencias máis inmediatas desta folga foi o despido de catro mil das e dos participantes, aínda que ao final quedaron en catrocentos. A folga de Vigo do ano 1972 forma parte do suconsciente colectivo da sociedade viguesa.

Segundo explican os creadores, o obxectivo principal do proxecto é “ensinar unha longametraxe documental de corte histórico na que, a través dos testemuños persoais dos protagonistas e da información documental que existe, se retrate a cidade de Vigo e a Galicia da época, na que ocurriron os feitos”, que son o suficientemente relevantes para reivindicar hoxe, 45 anos despois.

Páxina web “Vigo 1972”

YouTube Preview Image

Relacionados