O interés de Caballero en Eurofund

EU denuncia que en Porto Venecia, “cabeceira de praia” de Eurofund en España xa están pechando tendas como Primark.

O coordenador local de Esquerda Unida Rubén Pérez considera que a orixe do problema que é un PXOM ilegal, arbitrario e pensado para a cultura do pelotazo sigue amparando proxectos deste tipo e pide as forzas políticas de Vigo unha reflexión profunda sobre a redacción dun novo PXOM participativo e orientado a planificación efectiva e o interés social e non particular

Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez di que a formación de esquerdas “non deixa de sorprenderse pola actividade de promoción comercial que cargos públicos realizan dun proxecto privado sobre terreno colectivo” polo que sería bo coñecer se “van como comisionistas neste barco no que arbitrariamente pretenden embarcar a toda unha cidade”.

EU considera que as prisas para dar saída ao ámbito de Liñeiriños antes de cumprir o primeiro cuatrienio do PXOM amosan a insolvencia económica do planeamento urbanístico de Vigo, concebido para miles de vivendas e infraestructuras hoxe absolutamente inviables.

Relacionados