O PMUS participado

As súas verbas eran o suficientemente significativas como para reproducilas de novo aquí: -” A nosotras no nos consultaron nada (…), sólo hablaron con nosotras las concejalas Carmen Hervada y Luísa Cid, pero ellas son sólo una parte del problema”. Esta afirmación súmase ás xa manifestadas por representantes dos polígonos de POCOMACO ou da Plataforma pola Mobilidade, así como ás queixas polas ferramentas de participación empregadas pola UTE contratada con cartos públicos, que consistiu nunha folla en branco, unha Carta aos reis Magos, coma sinalaba o pasado domingo o voceiro da Plataforma pola Mobilidade

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes desmente así que o PMUS fose redactada coa participación da cidadanía. Semella que máis que tratarse dun PMUS participativo foi máis ben participado: as cacareadas 3000 persoas e as 150 organizacións ás que se fixo alusión na presentación non tiveron en ningún momento posibilidade de facer a súa participación efectiva, dado que o proceso de participación foi contemplado máis ben como unha especie de pantomima, sen unha estrutura previa e sen que existise unha ferramenta de traballo que acabase repercutindo na redacción final do PMUS, situación que está a provocar esta escalada de queixas, co consecuente enfado dos colectivos e, en principio, co rexeitamento das “medidas” propostas, se é que así podemos chamar ao polo momento cúmulo de boas intencións

Esquerda Unida denuncia que antes de que a empresa comezase a deseñar o PMUS, o goberno municipal xa lle tiña imposto o camiño. É dicir que o traballo dos técnicos que redactaron o Plan de Mobilidade Urbana Sostible estivo encorsetado dende o primeiro momento por Negreira, para agachar así os errores do goberno local en mobilidade durante a primeira metade de mandato. As probas resultan cada vez máis evidentes, tanto en relación ás reaccións dos técnicos que prepararon o plan, como onte se puido comprobar nunha xornada organizada por Cartolab na Universidade de Coruña, que cada vez máis dan mostra desta situación, como pola omisión por un lado do carril bus, ou pola inclusión, si ou si, dos túneles da Mariña e do Parrote, a innecesaria obra faraónica coa que Negreira pretende renovar o seu mandato. Por iso, non se debe perder de vista o plan elaborado por Salvador Rueda, por se hai que botar man del cando o novo goberno saído das urnas en maio de 2015, se poña a traballar, de verdade, na mobilidade da cidade.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “o equipo do señor Negreira fixo de paciente e de médico na análise e na solución aos graves problemas da mobilidade coruñesa. Se contratas por medio millón de euros a unha empresa para facer un segundo Plan de Mobilidade, non se lle pode marcar o camiño cunha serie de imposicións electoralistas que acaban determinando o modelo de mobilidade.

Relacionados