Oficina un só trámite

O informe resalta que no ano 2011 España fixo unha das reformas lexislativas recomendadas no informe anterior, mentres que Ruanda, Perú o Colombia fixeron tres.

Esquerda Unida propón a xanela única para facilitar a actividade empresarial e facilitar a creación de emprego. Porque a día de hoxe, cos avances nas TIC e concretamente na administración electrónica, con vontade política, o Concello pode dotarse de oficinas dun so trámite, fundamentais para dinamizar o tecido empresarial, reactivar a economía local e xerar emprego na Coruña. Así, tal e como indica o propio informe onde os parámetros que máis se valoran son o a dificultade de abrir un novo negocio e a dificultade de conseguir unha licenza de obra, trámites que teñen moito que ver coa regulación e a eficacia dos concellos.

O informe resalta que as economías avanzadas tenden a ofrecer á cidadanía oficinas de “Un só trámite” nas que se unifican todas as accións necesarias para abrir un negocio ou conseguir un permiso de construción. O Banco Mundial sinala a existencia de estas dependencias como unha avantaxe competitiva e síntoma dunha economía avanzada.

O grupo municipal de EU-V insta ao goberno local a asinar convenios de colaboración con outras administracións para reducir o número de trámites e tempo necesario para abrir un negocio na Coruña. Xa que no apartado de “facilidade para abrir un novo negocio”, España ocupa o posto 133 sobre 183 estados analizados, que é moito peor que o de Burundi (108) o Camerún (128). Segundo o estudo, para abrir un negocio necesitase realizar até un total de 10 trámites que teñen unha duración total de 28 días.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os poderes públicos deben pular pola reactivación economía para promover a creación de emprego. Nós, ao contrario que outros que se dedican a facer brindes ao sol e que nos sumiron na ruína económica cando gobernaron, estamos a propoñer accións factibles dende o concello cuxa aplicación repercutiran inmediata e favorablemente no conxunto da cidadanía”.

Relacionados