clip_image002.jpg - 7.90 Kb

Olores

 

A Coruña  realizou un estudo sobre a contaminación por olores producidos pola refinería, un vertedoiro, unha fábrica de fariña ou unha planta de tratamento de augas. Mugardos sofre os olores, por certo cada vez con máis frecuencia, pero o goberno municipal non fai nada.

 

EU comprométese a coidar da saúde dos/as nosos/as veciños/as tal e como obriga a lei. Non podemos esconder a cabeza debaixo da ala.

 

Non vale dicir todos os controis dan ben, como afirman dende o goberno do BNG.

 

A aprobación dunha normativa municipal, baseada na lexislación máis avanzada (Holanda, Alemania e Reino Unido), así como adoptar como medida urxente a elaboración dun estudo de olores que conclúa cun informe final e a elaboración dun mapa de olores é o noso compromiso de goberno.

 

Coa nosa saúde non se xoga. Tomaremos tódalas medidas precisas para que a actividade industrial sexa compatible coa nosa saúde.

Relacionados