Ordenanza saneamento

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes abstívose na comisión coa esperanza de acadar un acordo co goberno municipal para mellorar unha norma necesaria para mellorar o noso medio ambiente. Non cabe dúbida de que hai que felicitar ao goberno municipal pola decisión de elaborar unha ordenanza para a regular os vertidos, paso fundamental na procura do peche do ciclo do auga, algo que non se fixo durante décadas de goberno do PSOE que amosou nulo compromiso co grave problema para o medio ambiente que supón a contaminación das augas.

Máis queremos recordar que isto non se consigue mediante a mera redacción da ordenanza, senón que require que está incorpore un enorme grado de concreción e contundencia normativa e que posteriormente se aplique tesón e determinación a vixilancia do seu cumprimento.

Esquerda Unida anuncia a presentación dun voto particular para mellorar o control e a transparencia da ordenanza de vertidos. Neste sentido semella fundamental modificar a redacción do artigo 26 para incorporar un plan inspector de carácter anual que se articule como ferramenta efectiva para o cumprimento da ordenanza.

Asemade é necesario incorporar mecanismos de transparencia que permitan á cidadanía o acceso aos datos a través da web municipal que deben incorporarase a lo menos no artigo 24, onde se regula todo o relativo ao censo de vertidos e no artigo 32 relacionaldo coa potestade sancionadora para que a cidadanía coñeza as empresas que incumpren coa normativa.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “logo das alegacións aceptadas e as explicacións da concellería de medio ambiente estamos dispostos a facer decaer as nosas emendas en materia sancionadora pero non renunciaremos aos mecanismos de transparencia e ao plan inspector”.

 

Finalmente César Santiso subliñou “coas nosas achegas pretendemos dotar a ordenanza de saneamento da capacidade necesaria para ser unha ferramenta útil no coidado do medio natural e loitar contra as empresas que por lucro contaminan as nosas augas”.

Relacionados