Orzamentos Academia Galega

 

 

Esquerda Unida vai presentar unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para impedir o bloqueo das tarefas da academia galega derivadas do recorte orzamentario para, así, tratar de evitar o durísimo golpe da academia que sofre unha brutal desproporción no recorte dos seus recursos, que semella van lastrar todo o seu funcionamento. Perder case dous terzos da asignación orzamentaria é un xeito bárbaro de atacar a nosa cultura.

 

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, sinala “a perda de dous terzos do orzamento é unha mostra de barbarie cultura contra a nosa lingua”. Así, Yolanda Díaz entende que a moi recente inclusión da Academia Galega nos orzamentos xerais do Estado non se pode saldar cunha amputación da partida no primeiro orzamento do PP, que comprometa as capacidades e tarefas a realizar pola Academia.

 

Esquerda Unida – Os Verdes considera que non se pode manter con dignidade o funcionamento de entidades que dun ano para outro ven reducir o seu financiamento en dos terzos. Tárdalle ao PP botar fóra dos orzamentos do Estado á entidade cultural sobranceira da nosa lingua e cultura. Cómpre reaxir e enfrontar un ataque de especial calado simbólico.

 

O Grupo Parlamentar da Esquerda Plural – IU vai defender o mantemento da asignación orzamentaria da Academia, porque  acreditamos no valor superior do traballo desta entidade, mais cando chove unha sistemática de ataques  sobre a nosa lingua e cultura protagonizados polo PP máis hostil e  alleo que nunca a nosa realidade como pobo cunha fonda identidade nacional.

 

Relacionados