Pacto contra a pobreza

 

O deputado de AGE e membro da Executiva Nacional de Esquerda Unida Xabier Ron,  xunto con Sofía Díaz, responsable de políticas sociais de Esquerda Unida, veñen de manter unha xuntanza de traballo coa Rede Galega de loita contra a pobreza e a exclusión social, EAPN Galicia, coa fin de recadar información sobre a situación de emerxencia social na que nos atopamos, así como facerlles partícipes activos no proceso de elaboración programática, de cara as vindeiras eleccións municipais.

Con esta xeira de contactos, Esquerda Unida quere recoller de primeira man as propostas de entidades que priorizan a intervención con colectivos que se atopan nunha situación de risco ou de exclusión social, de invisibilidade social e de especial fraxilidade e  vulnerabilidade  ante a ofensiva neoliberal e represora do goberno do PP, que pretende acabar para sempre con dereitos sociais e laborais elementales.

EAPN Galicia, representada polo seu director, Xosé Cuns manifestou a súa preocupación e indignación polo agravamento da situación de exclusión social que afecta xa ó 24,3% da poboación galega, “a unha de cada catro persoas galegas se lles nega o dereito a unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral”. Así, denuncia que as políticas públicas actuais, carentes de vontade política e de compromiso orzamentario, e baseadas nunha abordaxe meramente asistencialista, non posibilitarán a erradicación da pobreza e da desigualdade existentes.

EAPN presenta, ante as vindeiras eleccións de 2015, un Pacto contra a Pobreza, co obxecto de que os gobernos se comprometan a cumplir as súas  propostas, baseadas na Inversión Social, na Inclusión Activa (con acceso a emprego, servizos e prestacións de calidade, así como a una renda mínima) e na Transparencia e Rendición de contas. Asímesmo, propoñen que as persoas candidatas asuman un compromiso coas persoas, (#Pobreza24M), de xeito que teñan como principal prioridade a mellora da calidade de vida e a dignidade das persoas, en especial as que se atopan nunha situación de pobreza ou exclusión social.

Entre os obxectivos propostos nese compromiso, destaca a a reducción, a finais de 2016, cando menos, nun 15%, o total de persoas  que se atopan en situación de risco de pobreza e exclusión (Indicador AROPE –At Risk Of Poverty or social Exclusion-); para elo, propoñen adicar á partida orzamentaria de acción social un mínimo de 110 € habitante /ano.

Actualmente, un 24% da poboación galega, case 700.000 persoas, se atopan nesa situación de risco de pobreza e exclusión social e hai concellos que quedan moi por debaixo desa proposta de gasto en acción social, por exemplo, Santiago de Compostela, segundo datos do Ministerio de Facenda, tivo en 2013 un investimento social de 55,92 € habitante/ano.

 

Por todo isto, Esquerda Unida comprométese a visibilizar socialmente e nas institucións a realidade das persoas e colectivos que se atopan en situación de risco ou exclusión social (persoas maiores, mocidade, persoas con diversidade funcional, menores, familias monoparentais, persoas con patoloxía dual,  persoas migrantes, persoas presas, persoas sen teito, …)  e a conquerir acordos e construir alianzas co tecido social, como EAPN Galicia, que posibiliten a consecución dun modelo avanzado de Estado Social, no que cada dereito se garanta cun servizo ou poder público, como ofensiva á proposta neoliberal de desmantelamento e privatización mercantilista dos servizos públicos.

Relacionados