Paso de peóns e sentido único da Cañota

 

Esta rúa que non conta con ningún paso de peóns, é moi transitada sobre todo polos rapaces e rapazas que utilizan as instalacións do Galicia de Mugardos para practicar deporte, así como polos/as veciños/as da Pedreira para a súa comunicación interna.

A falla dun paso de peóns aminora a seguridade vial nunha zona tan transitada como A Pedreira e pon nun risco innecesario a tódolos viandantes  e conductores que non se esperan a presenza de peóns cruzando a carretera.

Engadir a esta solicitude, dúas máis na mesma zona, tamen relacionada coa seguridade vial: na rúa da Cañota, que é de competencia municipal. Nese senso solicitamos, que tras o informe oportuno da policía local se sinalice de sentido único polo menos o tramo de vial que hai entre A Pedreira e o campo de futbol do Galicia de Mugardos. O angosto da entrada  do tramo que vaí dende A Pedreira ata o Campo de fútbol ocasiona perigo para os coches que transitan pola vía e para os propios peatóns xa que esa vía carece de beirarrúas.É  necesario igualmente, por seguridade vial, o retranqueo do poste da luz que hai no medio do vial frente ó campo de fútbol e o parque municipal.

Relacionados