Pelotazo urbanístico de Someso

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno local cómo valora as últimas sentenzas coñecidas neste mes de xaneiro, que incrementan a 31 millóns de euros os prexuízos causados ao erario público polo escándalo Someso-Vázquez-Fontenla. Así coas oito últimas sentenzas supoñen 3,7 millóns máis en indeminzacións, propiciadas por diversos gobernos do PSOE capitaneados por Francisco Vázquez. Deles, 12 millóns corresponden a indemnizacións pola reclasificación irregular de terreos e 19,2 millóns de euros débense a unha sucesións de eivas de difícil explicación no que saíron favorecidos promotores como Fontenla así como diversas familias coruñesas que obtiveron beneficios millonarios uns vendendo terreos que xa eran do concello outros permutando terreos co ente municipal grazas a erróneas interpretacións de convenios por parte do Concello.

Esquerda Unida reafirmase na necesidade de que o concello retome a investigación para depurar responsabilidades e tentar recuperar parte do patrimonio perdido. Temos que buscar os responsables de eivas inexplicables como, a interpretación errónea do Convenio coa familia Yordi Catoira supuxo unha perda de 7 millóns de euros para as arcas municipais ao permutar terreos por valor de 4,6 millóns contra terreos do Concello valorados en 11,6 millóns. Asemade o Concello pagou indebidamente o IVE correspondente a esta permuta, o que supuxo outros 740.000 € de agasallo aos poderosos. Tamén resulta paradigmática a interpretación do contrato asinado cos Herdeiros Bermudez Paz polo que o Concello deixo de percibir 2,4 millóns de euros polo incremento de edificabilidade da parcela dende a súa ocupación. Asemade produciuse outra eiva millonaria coa perdida por conversión do aproveitamento libre en VPO de 1,1 millóns de euros.

A instrutora do procedemento indica que non é posible individualizar a responsabilidade sobre as irregularidades producidas por ter lugar en distintos departamentos, motivo polo cal é necesario ampliar a investigación aos distintos departamentos para determinar as responsabilidades en base ao seu funcionamento, as funcións do seu persoal e os distintos regulamentos internos. Tamén débese seguir investigando para procurar a anulación das dobres vendas das parcelas adquiridas polo concello e recuperar parte do expoliado, para revisar de oficio o expedinte e iniciar as accións necesarias para resarcirnos deste roubo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “estamos nun momento de fonda crise democrática, os poderes públicos deben ter unha actitude proactiva a prol da transparencia, neste caso o concello debe traballar para que a veciñanza coñeza todo o acontecido, así como o nome das persoas que coas súas accións ou omisións propiciaron este pelotazo urbanístico.

Relacionados