Plan estratéxico de Xuventude

Este Plan do goberno da Xunta é o que condiciona as actividades, campañas e demais accións institucionais de cara á mocidade do país e, aínda que abarca diversas temáticas de índole laboral, ambiental, sexual ou incluso o fomento da investigación por parte das mozas e mozos do país, vemos unha grave carencia de temática LGTBI no mesmo.

O plan presentado, contradicíndose a si mesmo, por unha parte clama pola participación de todo a xuventude galega, pero non dirixe ningunha das súas medidas cara ao colectivo LGTBI, formando este parte da poboación. Así, o goberno do Partido Popular, continúa a súa liña política de illamento e marxinación a gais, lesbianas, transexuais, intersexuais e bisexuais, sumándose así ás súas enmendas á futura Lei de Visibilidade e Non Discriminación LGTB, a cal corre o perigo de quedar baleira de contidos.

Nun intento de mellorar o Plan de Xunventude 2014-2016 da Xunta de Galicia, dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) realizamos unha serie de enmendas a dito plan, como pode ben pode ser a proposta dun plan de educación sexual dirixido aos centros de ensino medio, unha campaña de sensibilización sobre o VIH ou contra o acoso LGTBIfóbico, entre outras.

Dende ALEAS-EU, desta maneira, denunciamos estes feitos e esiximos á Xunta de Galicia que valore estas achegas e que de aquí en adiante, teña en conta e poña en valor ao colectivo LGTBI, xa que estamos presentes na pobación e somos persoas de pleno dereito coma o resto. Somos pobo e as institucións non deben deixarnos de lado.

 

Máis info en: aleas@esquerdaunida.org www.aleaseu.org

 

Relacionados