Pleno ordinario na Corña

Por outra banda, Esquerda unida vota a favor da ordenanza de conservación é rehabilitación de inmobles tras aceptar as suxestións de eu-v en canto a control do fraude, transparencia e redución dos trámites de denuncia para a cidadanía. O voceiro de eu-v, césar santiso, indicou que “neste pleno volvemos a mostrar a nosa coherencia política e lealdade institucional. Votamos en contra das medidas que prexudican as familias traballadoras, mais apoiamos unha ordenanza que as beneficia”.

 

 

Expediente de Modificación de crédito

Estamos a debater o segundo expediente de modificación de crédito do exercicio 2011.

 

Realmente, os expedientes de modificación de crédito deberían chamarse expedientes de modificación do orzamento, porque de facto modifican a ferramenta máis poderosa que ten o Goberno municipal a súa disposición para plasmar a súa liña de actuación política.

 

A cidadanía en xeral leva anos escoitando o discurso económico e político do PP no referente a Administración Pública. Nese discurso as verbas máis utilizadas son “austeridade” e “malgasto”. Segundo o Partido Popular os orzamentos das administracións públicas en xeral e o do Concello da Coruña en particular eran os orzamentos do “malgasto”. Segundo o PP mediante o aforro dos cartos que se estaban a gastar superfluamente, se podería investir en emprego, educación e dotacións para os barrios da cidade.

 

Pero ese era so o discurso. Agora o Partido Popular xa non está na oposición, está no Goberno e podemos medir a súa actuación política polos feitos. E os feitos son claros. O Goberno municipal está a aforrar en investimentos para escolas infantís, en políticas activas de emprego e en dotacións para os barrios. É acaso o investimento en escolas infantís un malgasto? Ou acaso é a construción de polideportivos no barrios que carecen das instalacións, un gasto superfluo? Será para o PP a formación de desempregados un gasto inútil?

 

Semella que para o Goberno municipal a resposta as preguntas anteriores e sí, xa que recorta estas partidas na primeira ocasión que ten: retira 300.000 euros destinados a impartir cursos de formación para desempregados, 500.000 euros privando dunha escola infantil de Pedralonga ou 300.000 para a construción do polideportivo do Castrillón.

 

Para Esquerda Unida – Os Verdes o que fai o Goberno municipal non é austeridade senón recortes sociais. Para nós austeridade supón recortar o número e salario de altos cargos, reducir os gastos de representación e protocolo, aforrar en enerxía, facer unha eficiente xestión centralizada dos contratos, fomentar a competencia dos suministradores municipais incrementando a concurrencia, a transparencia e a utilización de procedementos de contratación con publicidade, incorporar a administración electrónica, reducir as externalizacións progresivamente, pero sobre todo austeridade é desenvolver unha reorganización administrativa profunda que mellore a eficacia e reduza os custes de xestión pois o gasto corriente do Concello é insustentábel, porque utilizar métodos de traballo do século pasado é o maior malgasto.

 

Agora o Goberno municipal terá que explicar aos 20.861 coruñeses e coruñesas desempregadas porque non quere investir para capacitarlles na procura dun posto de traballo. Terá que explicar á veciñanza de Pedralonga e do Castrillón porque lles retira instalacións comprometidas.

 

Esquerda Unida – Os Verdes, a diferencia de o Goberno municipal, considera que construir escolas infantís, polideportivos e desenvolver políticas activas de emprego non é gastar senón investir no futuro e na calidade de vida dos cidadáns.

 

Pero o máis grave deste expediente de modificación de crédito é a renuncia expresa do Goberno municipal a promover a reactivación económica local, perdendo, así, a posibilidade de facilitar a xeración de emprego. Semella fundamental que o Goberno municipal comprenda e asuma a necesidade vital de que os poderes públicos intervengan proactivamente na promoción da economía local ao tempo que favorezan actividades e hábitos tendentes a cambiar o modelo produtivo cara un máis sustentábel, máis eficiente enerxéticamente e menos dependente do petróleo.

 

 

Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles

No Pleno Municipal do mes de setembro aprobouse inicialmente a Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles. Un texto que a xuízo de Esquerda Unida – Os Verdes presentaba dúas eivas principais.

 

Por una banda, non contemplaba un Plan de Inspeccións do cumprimento dos requisitos que teñen que reunir as vivendas obxecto de subvención. Por outra, a Ordenanza incorría nunha grave falta de transparencia ao obviar a existencia dunha rede global como internet e da existencia da páxina web municipal.

 

Sen un Plan de Inspeccións, os requisitos contemplados como por exemplo ser a vivenda habitual dos propietarios, en lugar de converter as subvencións que regula a ordenanza nunha ferramenta de cohesión social, as convertería en situacións de inxustiza.

 

Situacións, que por outra parte son habituais no noso país ao non comprorse as condicións que marca a normativa para conceder axudas ou subvencións, o que provoca que aquela parte da cidadanía máis responsábel saia prexudicada fronte aos incumpridores.

 

Xa que logo, presentamos unha disposición adicional para asegurar o cumprimento da función social da subvención mediante o control do fraude, pois o texto só incluía a comprobación de que a obra subvencionada fose realizada. A dita disposición mandata á alcaldía a deseñar e executar un Plan de Inspeccións das subvencións para comprobar tamén aqueles requisitos cuxo período de cumprimento prolongase máis aló do final da obra.

 

En relación coa falta de transparencia, suxerimos outra disposición adicional, pois en pleno século XXI non se pode promulgar unha norma de costas a realidade tecnolóxica e social. Unha grande parte da sociedade en xeral e da veciñanza coruñesa en particular, teñen asimilada a utilización cotiá de Internet e as redes sociais. O texto inicial da Ordenanza que só contemplaba a publicación de información en taboleiros de anuncios non estaba á altura do nivel de alfabetización dixital da cidadanía da Coruña.

 

Coa introducción de esta disposición adicional aseguramos que o Concello, na medida que este Pleno vaia dispoñendo orzamentariamente, terá que incorporar a web municipal a información xerada pola aplicación da ordenanza, permitindo unha xestión máis transparente e próxima a cidadanía. Confiamos en que a medida que se executen reformas administrativas e tecnolóxicas o Concello vaia incorporando tecnoloxías de expediente electrónico, firma dixital e presentación telemática á xestión dos procedementos que figuran na Ordenanza.

 

Por outra banda, Esquerda Unida – Os Verdes entendía que existía un burato polo cal os rentistas desaprensivos poderían aproveitarse das axudas. Refírome a que os alugados ou ocupantes das vivendas poidan pedir unha subvención computando a súa renda en lugar da do propietario. Para que isto non sucedese, incorporamos unha achega que impide que esto suceda si existen lazos familiares.

 

Asemade, outra achegas de Esquerda Unida – Os Verdes incorporáronse ao texto final da Ordenanza como por exemplo a redución dos trámites de denuncia para facilitar a veciñanza ás reclamacións diante de vivendas en estado defectuoso

 

En definitiva, grazas ao diálogo, ao consenso e a lealdade institucional acádase unha ordenanza máis efectiva e beneficiosa para a cidadanía e o futuro da nosa cidade. Neste sentido quero subliñar actitude dialogante e constructiva do concelleiro Martín Fernández Prado neste tema, que máis aló de diferencias ideolóxicas analizou o interese das nosas propostas e as incorporou o texto normativo en lugar de aproveitar a súa situación de maioría absoluta para impoñer unilateralmente a súa proposta inicial.

 

Relacionados