Pola integración laboral da muller maltratada

Tal e como explicaron, son as sociedades quen teñen o compromiso de estar ao carón da muller maltratada e, a súa vez, das súas fillas e fillos para que definitivamente comprenda que non está soa na súa loita, que deixa de ser persoal para ser un compromiso de todas e todos.

Neste senso, a deputada de AGE, Eva Solla, asegurou na Comisión de Igualdade que “a integración laboral é crucial para o futuro destas mulleres” e, en referencia a isto, lamenta que “sexa escasa”, xa que tal e como expuxeran estas directoras, xa que só o 1% das mulleres que viven en estas casas de acollida consegue atopar un emprego algo que, tal e como sinalou Solla, “contribúe á súa recuperación social e integral”.

Neste contexto as directoras dos centros quixeron destacar tamén a “revictimización” á que se somete ás vítimas de violencia de xénero cando por exemplo, se deciden a denunciar aos seus agresores e non lle brindan esa oportunidade. Neste sentido, as responsables das casas de acollida denunciaron a falta de formación en violencia de xénero entre os corpos de xudicatura ou avogacía. No que incumbe ao proceso xudicial, denunciaron que “se practica unha violencia institucional” sobre as mulleres. Ademáis, denunciaron a incongruencia que se dan cando casos de violencia de xénero, nos procedimentos xudiciais, se tratan como delitos de faltas.

Relacionados