xa tal e como rebateu o deputado Antón Sánchez Galicia arde non só porque lle prendan lume como repite insistentemente o PP senón que “Galicia arde porque o rural está abandonado”.
O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá en comisión esta iniciativa na que se esixía a Xunta de Galicia a resolución dos expedientes derivados das denuncias pola presunta reforestación ilegal de terras así como a elaboración dun plan para a recuperación de superficie agraria útil do noso país para tratar de acabar cos graves problemas que está a sufrir o rural galego e que inflúe de xeito determinante nos lumes ademais de supoñer por exemplo que Galicia estea a pagar máis de 900 millóns de euros ao ano por consumir alimentos que non pode producir debido a falla de superficie agraria.
‘Por unha política forestal sostible’
Alternativa Galega de Esquerda insta a toda a cidadanía galega a participar o vindeiro domingo 29 de setembro na gran manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais que baixo o lema “Por unha política forestal sostible. Servizo único público e profesional. Non máis lumes” reclamarán á Xunta de Galicia que escoite á sociedade e leve a cabo unha política forestal seria e axeitada.







