Rubén Pérez, cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, lembra que ten que haber un plan de inversión real en educación con desenvolvemento nos orzamentos do Estado, evitando os desastrosos recurtes que actualmente mina o sistema educativo público.
Esquerda Unida aposta por unha escola pública, laica e democrática como garante do dereito á educación de todos e todas en condicións de igualdade e como requisito imprescindibel para un novo modelo produtivo, basado nun desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible. Asimismo defendemos unha Universidade entendida como servizo público que non busque a “competitividade” e a “excelencia”, senón a calidade e a cooperación, e que se oriente á formación de persoas creativas e críticas cunha elevada formación cultural e profesional; non unha universidade ao servizo do mercado e das demandas empresariais.
Rubén Pérez, lembra as propostas básicas de EU nesta materia:
1. Unha educación pública como eixo fundamental do sistema educativo,
2. Rede única de centros de titularidade e xestión pública,
3. A educación nas escolas, a relixión nas igrexas,
4. Mellorar, dignificar e recoñecer a labor dos profesionais da educación,
5. Máis autonomía con máis participación democrática en centros e distritos escolares,
7. Paralizar a “Estratexia Universidade 2015”, revisar o sistema de titulacións do plan Bolonia e abrir un debate social con toda a comunidade universitaria,
8. Sistema de bolsas e axudas que permita completar os estudos sen obstáculos derivados da orixe social e económico,
9. Fixar como obxectivo a gratuidade dos estudos universitarios.
10. Estatuto do Persoal Docente e Investigador negociado cós sindicatos.
11. Planificación das prazas universitarias públicas de acuerdo coas necesidades sociais.
12. Establecer Campus Interuniversitarios sustituíndo o carácter competitivo dos chamados “Campus de Excelencia” por un modelo cooperativo.
13. Incrementar a financiación pública ata alcanzar o 2% do PIB, cun gasto anual por alumno/a equivalente á media universitaria europea.







