Prácticas escurantistas do Goberno municipal na contratación do sistema de comunicacións do 092

 

Anteriormente o Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 tamén admitiu a trámite unha denuncia en relación coa adxudicación do devandito contrato.

 

O Consello comarcal de EU considera como presunto trato de favor a actuación do concello da Coruña na adxudicación do contrato á empresa que xa tiña instalados previamente os repetidores por toda a cidade.

 

Por iso, Esquerda Unida denuncia que as prácticas escurantistas do Goberno municipal na contratación do sistema de comunicacións do 092 leva ao concello da Coruña, unha vez máis, diante da xustiza.

 

O Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, afirmou que “semella que esta nova eiva na xestión do concello coruñés significará un novo custe para as arcas municipais, a este paso necesitarase todo orzamento para facer fronte as sentenzas desfavorables. Para César Santiso resulta inadmisíbel que o Goberno municipal cometa irregularidades, tanto urbanísticas como na contratatación de obras ou servizos, que logo deben ser subsanadas cos fondos municipais que son patrimonio de todos os coruñeses e coruñesas.

 

Santiso tamén rexeitou a constante utilización de recursos públicos como os servizos xurídicos municipais, para resolver as constantes eivas políticas cometidas pola corporación municipal.

Relacionados