Praza Sartaña

 

 

Non acertamos a entender os motivos que explican que tras dous ano e medio de xestión nada se teña feito para arranxar  Sartaña. Se acaso, a nosa organización ten que considerar como explicacións plausibles deste non facer do Goberno Municipal o  seu desleixo e a  súa incapacidade para desenvolver os proxectos que melloran de maneira evidente a  vida cotián da nosa cidadanía.

 

As arduas negociacións que ao longo destes días se desenvolveron e permitiran acadar un acordo do noso Grupo Municipal co Goberno, acordo que supuña entre outras melloras a reurbanización da devandita Praza de Sartaña, a iniciativa de Esquerda Unida, rompeuse diante desta  incomprensible marcha atrás do Goberno Municipal.

 

Esquerda Unida quere lembrar a necesidade de levar a Pleno a relación de iniciativas contempladas ao abeiro do FEIL 2010 polo acordo plenario de novembro deste ano que así mandata ao Goberno Municipal: consenso e aprobación plenaria é o que reclama  o noso Grupo Municipal.

 

A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz,  reafirma o noso máis firme compromiso coa reurbanización da Praza de Sartaña,  cunha demanda cidadá que o noso  Grupo Municipal vai manter a pesares dos obstáculos e do desinterese deste mal Goberno.

Relacionados