Pregunta parlamentaria Hospital de Vigo

O deputado Gaspar Llamazares deu traslado ao goberno dunha pregunta formulada sobre a base de que a UTE concesionaria estaba financiada por BANKIA e a CAM, agora nacionalizadas, e polo tanto susceptibles de ser controladas por parte do Parlamento do estado.

O deputado de IU pregunta se Bankia e a CAM, e polo tanto o goberno e o FROB, manteñen a súa participación na UTE concesionaria e polo tanto se ven manter ou non os prazos e termos do contrato. Igualmente IU pregunta se tendo en conta que case toda a financiación do novo hospital de Vigo é pública pensa o goberno central de acordo coa xunta de Galicia promover o rescate da concesión retomando o proxecto inicial de xestión pública.

O coordenador local de Vigo Rubén Pérez lembra o compromiso de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA, da que forma parte EU, de loitar dende a o Parlamento galego polo rescate da concesión e que EU defenderá, de non ser así, que o concello de Vigo aplique o cobro do IMPOSTO DE BENS INMOBLES ao complexo ao tratarse dun edificio privado “fóra da rede pública do SERGAS”.

Relacionados