Pregunta Urbana Norte

O Programa de Cualificación Profesional da iniciativa Urbana Santiago Norte, é un programa interesante para os traballadores e traballadoras por canto mellora as súas posibilidades de conseguir un posto de traballo cualificado, dado que consiste na realización de accións formativas en diferentes materias (informática, idiomas, prevención de riscos laborais…).

Este programa está dentro do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), contando cun presuposto de 250.000 €, que inclúe un servizo de asesoramento, un calendario de actividades formativas e unha aplicación web.

O pasado día 20 de setembro de 2013 iniciouse a Campaña de información do Programa de Cualificación Profesional da iniciativa Urbana Santiago Norte. Segundo a información reflectida na paxina web da iniciativa Urbana Santiago Norte, esta campaña levouse a cabo os días 20, 21, 23 e 25 de setembro.

Para a realización desta Campaña na colocación de sete puntos de información distribuídos dentro da área de actuación da Iniciativa Urbana Norte:

– En Vista Alegre, no cruce da rúa Parque San Xoán.

– En Vite, na avenida de Castelao.

– En Guadalupe, na rúa de García Lorca.

– En Salgueiriños, na rúa de Melide.

– En San Pedro, na praza do Cruceiro.

– En Basquiños, na rúa Pastoriza.

– Na praza de Meixonfrío.

Estes puntos de información tiñan como obxectivo informar e realizar todos os trámites de inscrición nas actividades formativas.

Como recursos materiais para o desenvolvemento de dita acción informativa colocáronse sete oficinas móbiles como puntos de información, que soamente estiveron presentes catro días. Consideramos que na area de actuación da Iniciativa Urbana Norte, hai infraestruturas asociativas, do concello ou educativas, suficientes para acometer dita campaña de información sen necesidade de adicar parte do presuposto desta campaña a construír ditas casetas informativas.

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1.- Cal foi o número de usuarios atendidos en ditas oficinas de información e a modalidade pola que foi contratado o persoal que os atendeu.

2.- Canto custou a colocación destas casetas e se foron alugadas ou compradas polo Concello

3.- Se o Concello as comprou que outras finalidade lles vai a dar

4.- Se o programa de Cualificación profesional ten un plan de execución nos anos 2012-2013 porque esta iniciativa non se levou a cabo no ano 2012.

5.- Cales son as accións formativas concretas que se van programar en base a demanda recollida por ditas casetas, e cantos veciñas e veciños se van beneficiar por dito programa de formación

6.- Como interveu neste programa o Órgano de Participación Cidadá do proxecto Urbana Santiago Norte.

7.- Se as accións formativas programadas se coordinaron cos centros integrados de formación profesional de Santiago de Compostela, de maneira que se trate de complementar a formación que estes imparten.

Relacionados