compostela.gif - 5.83 Kb

Pregunta uso antigo aeroporto

 

O gasto de recursos públicos en custosas e moitas veces cuestionadas obras de grandes infraestruturas, sirve de exemplo para dicir que recentemente se inagurou na nosa cidade unha nova e magna terminal aeroportuaria que provocou a caída en desuso do antigo aeroporto, que según moitas fontes non chegara a súa máxima operatividade pois ten unha capacidade mínima en torno a 2,5 millóns de pasaxeiros anuais e según os datos do 2011, ano no que se chegou o record histórico, o pasaxeiros foron 2,4 millóns.

 

Obviamente unha vez feita esta obra, e tal e como xa manifestáramos con anterioridade respecto as antigas instalacións do Hospital Xeral de Galeras, Esquerda Unida considera que o actual equipo de goberno local do PP non pode, unha vez máis, perder a oportunidade de realizar os esforzos necesarios para utilizar o edificio e terreos do antigo aeroporto en beneficio da cidadanía, abrindo de inmediato o debate pertinente co tecido asociativo da cidade para atopar o mellor uso posible a estas instalacións.

 

Por suposto o que o Consello Comarcal de EU Compostela non tolerará que unhas instalacións realizadas a conta do erario público acaben, pola desidia ou interese das distintas Administracións Públicas, para un uso lucrativo privado en lugar de prestar algún dos servizos que a cidadanía reclama.

 

Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

 

1)    Ten previsto o Concello algunha outra utilidade pública para as instalacións do antigo aeroporto?

 

2)    Ten previsto o Concello de Santiago instar ou colaborar con AENA para acadar dita utilidade a prol da cidadanía?

Relacionados