Presentación de EU Boiro

Yolanda Díaz en Boiro “EU ten vocación de traballar na conformación de frontes amplas unitarias, tamén no eido local”.Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e Rubén Pérez, secretario de organización asistiron hoxe ao acto de presentación de ESQUERDA UNIDA DE BOIRO acompañados por membros do consello local e do coordinadorPablo Axeitos.

EU considera importante que o proxecto político da esquerda transformadora exténdase por Galicia e especialmente en comarcas como o Barbanza onde a situación de sectores como o marisqueiro e conserveiro están a sufrir tamén as consecuencias das políticas especulativas e de merma de dereitos laborais.

Rubén Pérez suliñou a importancia da dimensión local de EU, que aposta polo municipalismo como primeiro cabalo de troia contra as agresións das políticas do PP exemplificadas agora na reforma local que impiden a autonomía local e a democracia participativa.

Pablo Axeitos, coordenador local de EU en Boiro, fixo un relatorio dos eixos de traballo da nova organización boirense que “chega para ser unhe ferramenta útil para solucionar os problemas da cidadanía dende unha perspectiva de esquerdas e con vontade unitaria”.

No acto, que se desenvolveu no centro social de Boiro tomaron a palabra veciños e veciñas e organizacións sociais para trasladar cuestións e propostas de traballo.

Relacionados