ron.jpg - 32.35 Kb

Presentaci​ón Xabier Ron como cabeza de lista por EU Compostela

 

Representa para min un enorme pracer convidarte ao acto de presentación que terá lugar a partir das 20h15 no Centro sociocultural de Fontiñas. No acto estarei acompañado por Daniel Pérez Amador, que é cabeza de lista por EU Ames, e que

fará de presentador; por Xesús Redondo Abuín, histórico da nosa organización, que soubo resistir á violencia franquista e que, hoxe, loita contra o capitalismo salvaxe e que sempre nos ilustra co seu perseverante exemplo; e finalmente, por Yolanda Díaz, a nosa Coordinadora Nacional, que soubo revitalizar a nosa organización a nivel nacional.

Somos unha organización pequena, pero seria. Desde as rúas, ao longo destes catro anos realizamos un duro traballo de crítica construtiva ao que facía ou deixaba de facer o equipo de goberno. Fomos quen, a pesar das dificultades, de ter influencia na vida política e social da cidade. Ese é o noso aval.

O xoves 17 de marzo de 2011 defenderemos, xa que logo, ese traballo e bosquexaremos as liñas mestras das nosas propostas, que constitúen un programa político e social de esquerdas.

Agardo, prezado compañeiro, prezada compañeira, poder contar contigo neste acto, mentres transmítoche un cordial saúdo

Xabier Ron

Coordinador Comarcal de Esquerda Unida Compostela e candidato ás Eleccións Municipais 2011.

Relacionados