Prestación para as mariscadoras

Santiago de Compostela, 7 marzo de 2013.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, a través do deputado Juan Manuel Fajardo, presentou unha iniciativa en comisión parlamentaria na que se esixe ante a comisión de pesca e marisqueo do parlamento, unha solución a situación desesperada na que se atopan as mariscadoras afectadas polo peche dos lombos e que non teñen dereito á prestación tal e como destacou o deputado de AGE.

Ante esta situación, o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta de Galicia a habilitar mecanismos para que estas traballadoras poidan acollerse a plans de rexeneración posibilitando que podan recibir contraprestacións.

A iniciativa foi apoiada polos grupos da oposición PSdeG e BNG e rexeitada polo PP. O deputado Juan Manuel Fajardo lamentou que “o Partido Popular sempre que ten que se posicionar curiosamente sempre elixe o lado das grandes empresas e non dos traballadores e traballadoras do noso país”.

Relacionados