O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que a privatización, que custará as arcas públicas máis de 30 millóns de euros e se realiza sen ningún estudio económico que a xustifique. Concretamente son 30.1500.000 € o importe da licitación establecida para esta privatización que afectará ao mantemento dos centros Teresa Herrera (Materno-Infantíl), Avente e Lago, Ventrorillo, Oza, Virxe Xunqueira e a lavandería. A Xunta utiliza como coartada o desenvolvemento do plan integral de eficiencia enerxética pero o certo é que se trata dun contrato mixto que non so supón a compra de equipos máis eficientes (o prego de condicións so obriga á empresa concesionaria a investir pouco máis dun millón de euros), senón que tamén inclúe o propio servizo de mantemento.
Esquerda Unida esixe a paralización da privatización dos servizos de mantemento do Sergas, por supoñer un malgasto inaceptable de cartos públicos inxustificable, cando o actual servizo de mantemento cumpre todos os estándares de calidade. A xunta pretendese acadar un aforro do 15% de enerxía en base a substituír a iluminación convencional por baixo consumo e leds, e caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa. Mais como indican os propios traballadores, ese traballo poderían desenvolvelo eles mesmos, o que significaría que ao Sergas podería acadar o aforro enerxético cun investimento inferior ao millón e medio de euros.
Asemade semella inaudito a falta de coherencia da Xunta do PP que por unha banda pretende aplicar un plan de eficiencia que supón a substitución de unha serie de equipos máis eficientes, pero as recentes obra do CHUAC se equipan con equipos convencionais que non incorporan a dita eficiencia enerxética polo que serán substituídos sen uso.
César Santiso, indicou que “estamos diante dunha nova táctica dos piratas do público que alegan mellor eficiencia e rendemento da xestión privada, pero o fan sen ningún estudo que o avale. Neste caso a privatización producirá duplicidade de servizos, polo que temémonos o peor, é dicir, que se contrate a unha empresa privada por mais de 30 millóns de euros para que o servizo real sega a facelos os empregados públicos”. Dos 85 traballadores públicos do servizo, 24 están afectados por esta privatización e quedarán sen funcións.





