Privatización servizo de mantemento de beirarrúas

 

O Consello Comarcal de Esquerda Unida na Coruña rexeita a privatización do servizo de mantemento e conservación de beirarrúas, asemade, non pode comprender como o Goberno municipal, que se di de esquerdas, continua a desenvolver o mesmo tipo de políticas económicas neoliberais que nos levaron a actual crise.

 

“Unha vez máis o Goberno local da Coruña ven a amosar a súa incapacidade para xestionar o público, xa que logo, o propio concelleiro de infraestructuras xustifica a privatización do servizo polo incremento do investimento en obras públicas e o volume das queixas que se reciben por deficiencias nas rúas”, con estas verbas respondeu César Santiso, Secretario de Organización da Executiva Nacional de Esquerda Unida, ao concelleiro de infraestructuras, Esteban Lareo.

 

César Santiso subliñou que é moi triste que a cidadanía coruñesa teña que soportar un Goberno local incapaz de desenvolver servizos públicos eficientes e de calidade, máis si cabe cando o problema non é orzamental, pois disponse de 2,4 millóns de euros, senón de incapacidade para xestionar os devanditos recursos.

 

Para Esquerda Unida semella intolerable que o concelleiro afirme que a partires do momento da privatización, infraestructuras será especialmente existente coas empresas que se dediquen as canalizacións. Neste senso, Santiso declarou que as afirmacións do concelleiro de infraestructuras son meras falacias utilizadas  para dar cobertura a política privatizadora desenvolvida polo concello coruñés. Ao tempo que se preguntou Por que motivo non foi esixente antes?, por que non inviste os 2,4 millóns de euros en mellorar os recursos técnicos e humanos do servizo de mantemento de beirarrúas para equiparalo as necesidades reais da cidade?

 

Finalmente, César Santiso preguntouse ironicamente “para quen?, para os que deciden as empresas a contratar?” ante a afirmación vertida polo concelleiro de infraestructuras na rolda de prensa, cando dixo “o beneficio es dobre”.

Relacionados