cristian2.jpg - 12.06 Kb

Propostas EU Cedeira

 

Na mesma proposta contémplase tamen un enlace o porto da vila, para o futuro desenvolvemento economico do concello, tanto pesqueiro como forestal.

 

Outro dos puntos principais e o plan xeral de ordenación urbana, onde queda contemplada o achegamento de vivenda social, vivenda libre, en rexime de aluguer para a emancipación dos xóvenes e persoas de renda baixa. No plan de urbanismo incluiranse os entornos de Vilacacín, A Ribeira, os Candales, a Trabe-Montemeau, o Beco-Cordobelas, Santallamar e o Barral.

 

Dende Esquerda Unida querese recordar que o legado deixado por case que 30 anos de gobernos de dereitas e politicas de dereitas, foron escasas espectativas de futuro. Un concello onde oubo que esperar 25 anos para a construción dun polígono, o rexeitamento do Plan Galicia, e un urbanismo irresponsable, especulativo e degradante co entorno; que triplicou por tes o prezo da vivenda, facendo imposible a emancipación da xuventude. A todo isto hai que unir as nefastas politicas da era Fraga, que nun dos seu caprichos levou a via Transcantábrica a Vilalva, condeando o ostracismo a punta noroeste e a zona do Ortegal onde está ubicada Cedeira.

Relacionados