luis ferreiro3.jpg - 15.60 Kb

Proxección documental sobre Luis Ferreiro

 

 

Este documental é froito dunha colaboración entre o Foro Republicano de Galicia, cuxo presidente é Xesús Alonso Montero, e a Fundación 10 de Marzo, dirixida por Manuel Villares. Ámbalas dúas entidades están a desenvolver un traballo de recuperación da nosa mellor historia, a das persoas que loitaron na procura das liberdades democráticas e dunha sociedade con xustiza social.

 

O militante antifranquista Luis Ferreiro, membro do Partido Comunista de Galicia, pódese reconstruír a partires do documental que narra e explica as tarefas da loita clandestina e da creación dunha oposición política e social á ditadura. Na proxección contaremos coa presenza do protagonista, personaxe extraordinario pola fortaleza do seu compromiso que o levou a arrostrar torturas e cadea sen perder a ilusión de vivir e facelo cun sorriso  de fraternidade.

 

Roi Cagiao xunto a Fernando Llor son os corresponsables da realización e do guión, que contou coa asesoría histórica dos profesores Alonso Montero e Víctor Santidrián.

 

A nosa organización anima a nosa cidadanía a compartir un tempo de coñecemento e compromiso social e político da man dun dos protagonistas pouco coñecidos máis indispensable da nosa historia recente. Luis Ferreiro forma parte da estirpe definida por Bertolt Brecht, aqueles imprescindibles que loitan todos os días.

Relacionados