Intervención Yolanda sobre voto rogado

 

Yolanda Díaz defende no congreso a toma en consideración da iniciativa do parlamento galego para acabar co voto rogado para os emigrantes.

A deputada de AGE e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz interveu no congreso dos deputados no que solicitou a derogación do artigo 75 da Lei 2/2011 do 28 de xaneiro, na que se incorporou o voto rogado.

A deputada manifestou na súa intervención, a necesidade de garantir a participación no proceso electoral a todas aquelas persoas que hoxe, por razóns de falta de traballo, se atopan fóra do noso país.

“Como defende esta iniciativa, queremos garantir que as e os emigrantes poidan votar en urna, que se depuren os censos e que deixe de pasar como xa pasou, que voten os mortos. Hai que elexir entre que voten os mortos, como pasa en Galicia e que se vote coa debida transparencia que para nós é un dato sustancial.” afirma Yolanda Díaz na súa intervención. A regulación das campañas no exterior, a igualdade de posibilidades entre todas as organizacións políticas para que as campañas se realicen en igualdade de condicións, que se regule tamén o voto por correo son algunhas das propostas desta iniciativa.

A importancia do voto emigrante, significa en cifras para Galicia case o 20% do censo reside no exterior, nas últimas eleccións autonómicas de outubro de 2012, foron máis de 397.000 persoas con dereito a voto, o que significa un censo superior aos das provincias de Lugo e Ourense. Tras a incorporación do voto rogado, tan só 30.524 persoas solicitaron o voto das que finalmente o materializaron tan só 12.954.

 

Relacionados